Para público en xeral
Mulleres maiores de 16 anos
Dende o 15/03/2019 ata o 31/05/2019
Xa rematou
De 18:15 a 20:15 h.
A través desta proposta afondaremos na capacidade transformadora das artes vivas, facendo unha reflexión sobre as nosas identidades, individuais e colectivas, tecendo unha rede de confianza e colaboración entre todas. Como punto de partida propoñemos abordar o sentimento de exclusión, de ser diferente ou asumir un camiño propio.
Formadoras: Teresa Babío e Anxela Blanco. Pallasa e bailadora, levan máis de15 anos no eido das artes escénicas. Atópanse na asociación cultural Manicómicos e fórmanse en clown, creación escénica ou danza. Teñen acompañado diversos obradoiros escénicos e proxectos para mulleres e crianzas.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible