Coñece outros clubs de lectura nas Bibliotecas Municipais
Clubs
Persoas adultas
05/10/2022
Xa rematou
Dende o 15/09/2022 ata o 05/10/2022
Require inscrición.
De 18.00 a 19.00 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981184390
Club de lectura dirixido a persoas adultas.
Este club xunta a persoas lectoras con ganas de expresar as súas opinións, compartir lecturas e aprender a agudizar a súa comprensión lectora cos seus propios comentarios, os das compañeiras e as das coordinadoras de grupo.
O club require unha actitude aberta e lúdica, interesada en compartir, aprender e gozar.
Se che apetece ler, facer amigos e charlar utilizando un bo libro como excusa, só tes que botarlle un ollo aos clubs que che ofrecemos e escollar a ubicación ou a temática que máis che interese.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible