Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Primavera literaria 2025: Conversa con Alejandro Palomas

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 16 anos

Cando:

10/06/2025

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Hashtag:

#PrimaveraLiteraria

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Da man de Javier Pintor, temos a oportunidade de pechar o curso 2024-2025 dos clubs de lectura Café con libros, cunha conversa con Alejandro Palomas na Biblioteca Os Rosales.

Alejandro Palomas, xunto á ilustradora Carolina de Prada, da un paso máis na literatura ao adentrarse no medio do cómic para seguir explorando ao seu personaxe fetiche, que amamos dende hai anos na Biblioteca, "Amalia: una madre incorregible".

No 10º aniversario da novela "Una madre", Palomas asina o retrato hilarante dunha muller atrevida e vulnerable, cunha enerxía a proba de bombas e uns descoidos ou perdas de memoria realmente descacharrantes. Este cómic pon cara e ollos a Amalia, un dos personaxes máis entrañables da nosa literatura recente.

As lectoras de "Café con libros" levamos anos constituídas como "club de fans" de Alejandro Palomas, así que será un encontro memorable!

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión