Para público en xeral
Dende o 27/10/2015 ata o 31/10/2015
Xa rematou
Afundación organiza unha serie de cursos de cociña dirixidos a nenos de entre 7 e 12 anos. O primeiro deles terá lugar os días 30 e 31 de outubro.
O obradoiro será impartido por Mayte Fernández e o seu obxectivo será fomentar o pracer pola cociña e estimular a curiosidade e os sentidos utilizando un método didáctico e divertido.
O curso estrutúrase en dúas clases de dúas horas cada unha nas que elaboraremos os seguintes pratos:
- Pudin de chocolate con tumbas.
- Nubes de pantasmas.
- Pernas de bruxa.
- Masa e galletas decoradas para Samaín.
- Sándwich para merendar as momias, e se nos dá tempo… seguiremos cun terrario de vermes!
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible