Outras actividades, Concertos e recitais
Persoas adultas
Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026
Do 18 de decembro ao 06 de xaneiro
Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 386
Exposición organizada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais, do 18 de decembro ao 6 de xaneiro de 2026, na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga con motivo do ano Castelao.
Cando se cumpren 75 anos do pasamento de Castelao, e como homenaxe á súa persona, a biiblioteca de Estudos Locais ten organizada a exposición titulada "Camiño ao Estatuto, Catelao e máis", que a través dos fondos bibliográficos da biblioteca permite percorrer o longo camiño andado para conseguir a autonomía para Galicia.
Aínda que Castelao foi un dos protagonistas deste proceso, xunto a el, tamén traballaron en prol do Estatuto outros galegos e galegas, sen cuxo pulo neste feito non sería hoxe unha realidade. Moitos destes homes e mulleres figuran destacados nesta exposición.
Os fondos que se expoñen proceden, todos eles, da colección que custodia a Biblioteca Municipal de Estudos Locais
| Acto inaugural: xoves 18 de decembro, 18:30 horas. A continuación, Concerto do cuarteto Fúa na Biblioteca de Estudos Locais (aprox. 19:30 h.) |
Actividades relacionadas
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible