Clubs
Persoas adultas
Dende o 26/10/2023 ata o 29/11/2023
Xa rematou
18/09/2023
Require inscrición
De 19.00 a 20.00 horas.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981184389
Nace na Biblioteca Os Rosales un novo club, neste caso de escritura. A lectura e a escrita van da man, así que o grupo de "Escritoras impostoras" reunirase un xoves ao mes para compatir espazo e tempo creativo, coordinado por unha persoa voluntaria das Bibliotecas Municipais da Coruña.
O club de escritura creativa é un espazo de conexión para aquelas persoas que escribimos de cando en vez (ou nos gustaría empezar a facelo).
Non importa se escribes diarios, contos, poemas, microrrelatos, pequenas historias ou novelas. Tampouco importa o teu sexo ou a túa idade.
Aquí atoparás un lugar para:
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura xerais?
Os clubs de lectura xerais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Importante: A inscrición nos clubs de lectura supón un compromiso de participación. O máximo de ausencias permitidas é do 25%. Unha vez superado este límite, a persoa será dada de baixa para que outra ocupe o seu lugar.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible