Clubs
Persoas adultas, Xuvenil
25/10/2023
Mensual
Xa rematou
Dende o 04/09/2023 ata o 24/09/2023
Require inscrición, prazas limitadas
De 18.30 h a 20.00 h.
1,5 horas
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Únete ao club de lectura de cómics da Biblioteca do Fórum Metropolitano
O Club de Lectura de Cómics é un espazo participativo e de reunión no que intercambiar ideas, experiencias e sensacións ao redor dunha mesma paixón, as novelas gráficas e os cómics. Cada sesión é única xa que tratamos de valorar desde un punto de vista crítico, mais tendo moi en conta as nosas experiencias persoais e a nosa bagaxe cultural, un mesmo cómic.
O Club está dirixido a persoas a partir de 15 anos e o grupo reúnese o último mércores de cada mes ás 18.30 h na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano da Coruña.
Queres saber ...
¿En que consiste o club de lectura de cómic?
Destinado a persoas a partir de 15 anos, o Club de Lectura de Cómic é un grupo que se reúne periodicamente para comentar e valorar un cómic proposto e proporcionado desde as Bibliotecas Municipais da Coruña. Tanto a selección cómics como as sesións para a posta en común realízanse coa axuda e orientación dun bibliotecario co que compartir experiencias e impresións sobre a lectura.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible