Familias
Familias
04/05/2019
Xa rematou
Dende o 29/04/2019 ata o 03/05/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h e só hai que anotar a crianza cuxa idade estea entre os 3 e os 9 meses.
Cada sesión está indicada para unha franxa de idade:
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
11.00 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
Neste concerto-obradoiro fomentarase a participación de nais e pais a través de xogos sonoros, sensoriais e visuais.
As nais e os pais poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce ao arrolaren os seus bebés e trasmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua e música.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Cada sesión está indicada para unha franxa de idade:
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible