Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: o ratiño presumido

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 3 a 8 anos

Cando:

11/03/2016

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/03/2016 ata o 11/03/2016

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña

Contacto:

Contacontos especial polo "Día internacional da Muller" que se repetirá en cada unha das bibliotecas entre o 11 e o 18 de marzo. Elixe o día que máis che conveña e inscríbete!

A gran Lilí Gruyère, a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida", para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o Rato Fuco.

Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado na biblioteca polos pais e nais asistentes e polo propio Fuco.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión