Contacontos
Infantil, Bebés, Familias
24/02/2021
Xa rematou
Ás 18.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Ultreia Peregrina"
A actividade consistirá na publicación nas redes sociais das Bibliotecas Municipais da Coruña dun vídeo coa dramatización do conto Bo camiño, Valentiño! de Gracia Iglesias e Sara Sánchez (Jaguar, 2020).
A contacontos estará realizado polas bibliotecarias de Forum, Bego e Mar. Dirixido a nenos e nenas de 0 a 5 anos.
O conto narra a historia dun gracioso pingüín que decide facer o Camiño. En cada etapa os seus amigos vanlle dando obxectos para a súa mochila, co que o simpático personaxe vai aumentando a equipaxe. Ata que, con tantos "por si acaso", non pode dar nin un paso.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible