Familias
Público familiar
21/09/2019
Xa rematou
21/09/2019
Entrada libre sen inscrición previa
De 10.30 a 13.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde
Entrada libre sen inscrición previa
Entrada libre sen inscrición previa
Espazo de xogo con material natural non estruturado
Terra é un paso máis na concepción do xogo de Miudiño. Ficamos abraiadas e abraiados polas múltiples posibilidades do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana...) e todo o beneficio que o seu emprego supón para as creativas cabeciñas da nosa cativada. O espazo é sempre o mesmo... pero nunca é igual: en cada evento cobra unha nova vida, que as crianzas se encargan de lle dar.
Podedes visitar o Espazo Terra na aula 8 do Centro Ágora, de 10.30 a 13.30 h.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible