Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Charla "Francisco Miguel e a articulación dunha modernidade galega truncada" a cargo de Carmela Galego

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

22/09/2025

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 22 de setembro ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a Charla "Francisco Miguel e a articulación dunha modernidade galega truncada" a cargo de Carmela Galego

Acceso libre até completar capacidade

Organizado pola ARMH, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, e coa colaboración da Deputación da Coruña.

RESUMO:

O ensanche burgués dunha pequena cidade do occidente europeo como punto de partida. O apoio dunha mente inquieta e unha man áxil. Francisco Miguel habita unha das épocas de maior esplendor da historia da  arte contemporánea e a navega con soltura. Definíase a si mesmo coma un clásico e desde a súa destreza academicista entra nun diálogo directo coa vangarda internacional que sosega e incorpora a súa propia linguaxe estética. Desde París até Cidade de México e de novo A Coruña. Regresa cunha maleta e unha paleta cosmopolita que compartiu e espallou. A brutal maquinaria  fascista deixou coa súa morte un dobre baleiro, o dos lenzos nunca trazados  e dos  lenzos silenciados. Unha voz que nos foi arrebatada.

Baixo este título sumarémonos ao esforzo colectivo para analizar e recuperar o papel de Francisco Miguel na arte galega e universal.

CARMELA GALEGO:

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe unha diplomatura e un mestrado en Educación pola Universidade da Coruña.

Ao longo da súa traxectoria profesional combinou a docencia coa xestión cultural, a divulgación e o comisariado. É profesora de Historia da Arte para a UNED e mestra de Francés na Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Desde hai máis dunha década desenvolve proxectos para o Programa de Lecer Cultural no Concello da Coruña e na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, entidade da que actualmente é vicepresidenta.

Desde o ano 2020 investiga a figura de Francisco Miguel en colaboración directa entre a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión