Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “Nao cetácea” de Xosé Iglesias

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

19/05/2025

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 19 de maio ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación do libro "Nao cetácea" de Xosé Iglesias, publicado pola Editorial Canela.

Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.

SINOPSE:

Nao cetácea é un achegamento visual, poético e narrativo aos nosos mares, ao patrimonio marítimo e a biodiversidade mariña do litoral, con especial énfase no mundo dos cetáceos, eses seres míticos que de novo volven aproximarse ás rías galegas.

Un libro de acuarelas realizadas por un patrón de pesca-mariñeiro galego, nas que os barcos se transforman nos seres que conforman o seu espírito, mesmo nos peixes que capturan. Unha homenaxe ao mar, aos devanceiros e aos mariñeiros que faenaron e traballan cada día nesta costa atlántica e cantábrica.

En formato de 235 x 185 mm, 120 páxinas, tapa dura, impresión offset cosida e en edición limitada, contén 61 acuarelas a cor que van acompañadas de textos e poemas do seu autor Xosé Iglesias, de Francisco Fernández Naval e de Manuel Rivas, que nos levan nunha viaxe transcendente entre Porto do Son e Irlanda.

XOSÉ IGLESIAS (1974):

Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) é capitán de pesca-mariñeiro e poeta co cerne no mesmo Atlántico salvaxe da Costa da Morte. O mar é a súa profesión dende sempre e nos últimos 20 anos  traballa a bordo do seu pesqueiro de baixura, o Primero Villar. Xusto dende a perspectiva da ponte deste pequeno navío é onde Xosé mestura a palabra coa paisaxe, co traballo, con eses horizontes presos a toda inclemencia meteorolóxica. O mar narrado en figuras poéticas dende o mesmo mar. Dende a liberdade de hipotecar sempre o noso destino ao vento.

No ano 2014 sae á luz o seu primeiro poemario mariñeiro, Transfusión oceánica, que publica na editorial Caldeirón. No 2016 é galardoado na novena edición dos Premios de poesía Victoriano Taibo por A relixión do mar e nese mesmo ano colabora con Editorial Canela, formando parte do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, no libro Aldeas sen voz do fotógrafo cántabro Vicente Ansola.

Ademais de poeta tamén é acuarelista autodidacta. En 2020 publica o seu primeiro álbum ilustrado, Nación Mar, un salto da poética escrita á poesía visual. No 2022 publica dous poemarios, Luces da Costa da Morte e Atlántico Norte, chamádeme Ismael e no mes de setembro dese ano inaugura Cetácea, a súa primeira escultura oceánica, unha homenaxe en forma de faro e baleas en madeira a todo ese mundo arredor dos mamíferos mariños que chegan ás costas galegas.

Agora, co seu novo fillo: Nao cetácea, arranca un tempo de colaboración coa Editorial Canela, que abre unha nova liña editorial dentro do mundo do libro ilustrado.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión