Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Nadal de letras e xogos: Calendario de advento "descubre un xogo cada día"

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil, Para público en xeral, Xuvenil, Familias

A quen vai dirixido?:

Para todos os públicos

Cando:

Dende o 01/12/2023 ata o 30/12/2023

Xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

O Nadal pode celebrarse en calquer lugar e de múltiples formas. Invitámoste a pasar o Nadal na biblioteca Durán Loriga cunha serie de actividades pensadas para todos os públicos: contacontos, obradoiros, presentación de libros, xogos e tamén moitas recomendacións lectoras.

Do 1 ao 23 de decembro na Biblioteca Durán Loriga teremos o noso propio calendario de advento de xogos.

Cada día descubriremos un xogo novo, ao que poderedes xogar todas as tardes de luns a venres, de 18h a 20h, e todos os sábados pola mañá, de 11:30h a 13:30h.

Ven cos amigos, coa familia, co avó, coa avoa, co curmán, coa madriña... con quen che apeteza! para xogar xuntos e desfrutar na biblioteca.

Finalmente, do día 26 de decembro ata o día 30 teremos á vosa disposición todos os xogos que fomos descubrindo día a día para que gocedes con aqueles que máis vos gustaron.

Ven pasar estas datas na biblioteca!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión