Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Nadal de letras e xogos: Contacontos do libro "El festín de Navidad" de Nathalie Dargent

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Contacontos, Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 6 a 8 anos.

Cando:

21/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/12/2023 ata o 21/12/2023

Require inscrición

Horario:

De 18:30h a 19:30h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

O Nadal pode celebrarse en calquer lugar e de múltiples formas. Invitámoste a pasar o Nadal na biblioteca Durán Loriga cunha serie de actividades pensadas para todos os públicos: contacontos, obradoiros, presentación de libros, xogos e tamén moitas recomendacións lectoras.

O día 21 de decembro ás 18:30h teremos na Biblioteca Durán Loriga un contacontos e un obradoiro para crianzas de 6 a 8 anos.

Contaremos "El festín de Navidad", de Nathalie Dargent, unha historia moi apropiada para estas datas, xa que nos fala dun festín de Nadal que deciden darse o lobo, o raposo e a donicela. Non se andan con rodeos: rouban unha pava e lévana a casa. Pero mira ti por onde, a señora Pava é dura de pelar, e ten as ideas moi claras sobre como deben ser as festas do Nadal. A que se vai a montar na tobeira!

Ao rematar o contacontos haberá un obradoiro de decoracións para o Nadal no que faremos grilandas. Ven pasar estas datas na biblioteca!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión