Para público en xeral
público en xeral
23/09/2016
Xa rematou
20.00 h
aprox. 1.30 h
Entrada gratuíta (ata completar a capacidade)
Galicia ten unha débeda pendente co mar, un mar que ao longo dos séculos entregoulle a súa riqueza natural.
Tras unha breve presentación por parte do autor do documental e do director de Sustentabilidade de Frinsa, Jorge Candán e José Aller, teremos a ocasión de ver, por primeira vez na Coruña, a longametraxe "El legado de las rías gallegas", unha película para a que Candán, recoñecido fotógrafo e documentalista mariño percorreu, durante máis dun ano, o máis profundo das rías galegas, co obxectivo de mostrar a vida salvaxe que se esconde debaixo das augas da fin da terra, e plantar así a semente dun compromiso de procura do equilibrio entre produtividade e conservación.
Con esta actividade pretendemos contribuír á divulgación e o coñecemento do valor natural das Rías Galegas para a economía, gastronomía e cultura de Galicia. Tras a proxección haberá unha quenda de preguntas e respostas co autor.
O fotógrafo vigués Jorge Candán é un dos fotógrafos submarinos máis recoñecidos do noso país. Nos seus máis de 20 anos de traballo nas profundidades mariñas realizou impresionantes traballos como "Prometeo encadenado", "Mar de estrellas" e "Mar de un bosque encantado", e gañou numerosos premios en distintos festivais de fotografía debaixo do mar, como o primeiro premio que obtivo no Festival de Cinema Submarino de San Sebastián. É un experto coñecedor das profundidades do mar galego.
Actividades relacionadas
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible