Talleres
Infantil
Nenos e nenas de 6 a 12 anos
29/10/2024
Xa rematou
Dende o 22/10/2024 ata o 29/10/2024
Require inscrición
Das 18.00 ás 19.30 horas
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Require inscrición
981 184 298
Obradoiro de manualidades de Samaín e mostra bibliográfica sobre fadas, seres fantásticos e mundos imaxinarios.
O martes 29 de outubro ás 18.00 h temos un obradoiro de manualidades para Samaín na Biblioteca Fórum Metropolitano con inscrición previa para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Fai un ano na noite de Samaín, nun recuncho oculto de Galicia, había un grupo de fadas que decidiron facer unha travesura. Cun antigo feitizo, saíron fóra do bosque e dirixíronse á biblioteca, un lugar cheo de libros con segredos esquecidos, alí quedaron atrapadas. Coas súas brillantes ás e inquietantes risas, gustáballes xogarlles brincadeiras ás persoas lectoras. Con todo, había unha noite ao ano na que a súa maxia se volvía aínda máis poderosa, e remexían nos libros creando o caos máis absoluto. Precisamos da vosa axuda para facer os amuletos máxicos que restablezan a orde na nosa querida biblioteca.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible