Infancia, Para público en xeral
27/12/2025
Inscrición gratuíta a través da Biblioteca Casa Consulado
12.00 h
Biblioteca da Casa Consulado. Praza Pintor Álvarez Sotomayor (Casa Consulado) 1, Bj. 15001 A Coruña
Inscrición gratuíta a través da Biblioteca Casa Consulado
Praza Pintor Álvarez Sotomayor nº 1
(antes Panadeiras 58)
15001 A Coruña
981 206274
bibliocasaconsulado@gmail.com
Obradoiro de planisferios
Neste obradoiro montaremos un planisferio celestey aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida ye comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo de planisferio, tesoiras e pegamento) terao preparado a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Ademais, daremos algunhas pistas para a observación da eclipse total de Sol que ocorrerá en Coruña o 12 de agosto de 2026.
Esta actividade está orientada a público familiar (o público infantil debe ir acompañado de persoas adultas).
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible