Encontros e presentacións
Persoas adultas
14/01/2026
Entrada libre ata completar a cabida
De 19 a 20:30h
90 mins.
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Presentación do libro da escritora coruñesa, Cristina Gufé: La antesala del beso, que estará acompañada polo catedrático de Lengua e Literatura Española, Antonio Couto, a responsable da sección de opinión da Voz de Galicia, Sofía Vázquez, e da editora do libro, Marisa Russo.
La antesala del beso de Cristina Gufé é un fluir da conciencia dunha muller apaixonada, neurótica, obsesiva, en busca da beleza e das "outras posibilidades do espíritu" a través dos corpos dos homes que ama. O relato é unha exploración da paixón amorosa.
Cristina Gufé é profesora de Filosofía e compaxina a docencia coa creación literaria. É autora de novela e poesía, ensaio e crítica literaria, con obras publicadas e presentadas en España e no ámbito internacional. Entre os seus libros destacan 99 Cartas a Kafka e Límites de realidad. Na actualidade escribe artigos na Voz de Galicia. La antesala del beso é a súa máis recente publicación.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible