Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro ""Nacionalcatolicismo y patriarcado: el Patronato de protección de la mujer y su junta provincial coruñesa "

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas.

Cando:

12/06/2025

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a cabida

Horario:

De 19 a 20 horas

Duración:

60 mins

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

#bibliotecadeestudoslocais #muller #historia #represión #franquismo #encontros #presentacións #libros

Contacto:

Organiza:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais

A Biblioteca de Estudos Locais acolle a presentación do libro "Nacionalcatolicismo y patriarcado: el Patronato de protección de la mujer y su junta provincial coruñesa " da man da súa autora, Belén López Cillero.

A autora, con formación universitaria en Traballo Social e Filosofía, dedicouse sempre aos estudos de xénero, investigando en temas como a incorporación da muller á universidade, a 'Institución Libre de Enseñanza', a 'Residencia de Señoritas' e a escasa presenza das mulleres na arte.

Despois de ler un artigo sobre o 'Patronado de Protección a la mujer', decide investigar sobre o mesmo. Froito desta investigación, nace este libro que hoxe presenta.

Ten a intención de facelo acompañada dunha das mulleres superviventes destas prácticas levadas a cabo en reformatorios relixiosos, Elena, no seu caso no internado de Porta Real das Relixiosas de María Inmaculada. No caso de non poder participar esta persoa, tratará de contar coa participación doutra muller cuxa nai foi encerrada en 1950 no centro de Bañobre pertencente á mesma congregación.

Levará a cabo a presentación acompañándoa con documentos reais que dean máis consistencia ao seu relato.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión