Talleres
Infantil
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
26/02/2025
Xa rematou
Dende o 19/02/2025 ata o 26/02/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
O mércores 26 de febreiro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Madame Curie e a maxia da radioactividade" impartido por Carlos Santodomingo, da Asociación Jóvenes Científicos, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Coñeceremos como a primeira científica en gañar o premio Nobel descubriu a radioactividade. Aprenderemos xogando o impacto da radioactividade na medicina e noutros eidos da nosa vida cotiá.
Aproveitaremos para visualizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a eliminación de estereotipos relacionados coas letras e as ciencias.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible