Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Xogo de procura do tesouro: Bo camiño

Tipo de actividade:

Outras actividades

Tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 7 a 14 anos

Cando:

Dende o 01/02/2021 ata o 31/03/2021

Este evento xa rematou

Horario:

De 16.00 h. a 20.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Ultreia Peregrina"

Actividade de gamificación que presenta a combinación de resolver quebracabezas e responder preguntas, neste caso relacionadas coa temática do Camiño de Santiago.

En horario de apertura da sala infantil da Biblioteca Fórum, durante o meses de febreiro a marzo, as nenas e nenos de 7 a 14 poderán xogar á procura dos códigos secretos de Compostela.

O xogo consiste en atopar  os 5 códigos QR agochados pola sala infantil da Biblioteca Forum. Os códigos guiarán ao usuario a través dun enlace directo ao xogo creado especificamente para o ciclo temático "Ultreia peregrina".

Unha vez dentro do xogo, cada participante deberá resolver o Quiz quebracabezas para desvelar os 5 obxectos imprescindibles no camiño a Compostela.

A través deste xogo as nenas e nenos, ademais de pasar un intre lúdico, terán a oportunidade de traballar e aprender datos e curiosidades do roteiro Xacobeo.

Consulta este vídeo explicativo de presentación do xogo

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión