Xogos de mesa
Familias
Público familiar
05/12/2024
Xa rematou
Dende o 28/11/2024 ata o 05/12/2024
Require inscrición
Das 18.00 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
No novo servizo da Rede de Bibliotecas Municipais relacionado cos Xogos que iniciamos en catro das bibliotecas (Ágora, Durán Loriga, Fórum e Os Rosales) coa intención de estenderse nun futuro ao resto da rede.
O próximo xoves 5 de decembro ás 18.00 h teremos unha sesión de Xogos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.
Na actividade, con inscrición previa, dirixida a familias, poderán coñecer unha selección de xogos de mesa e xogar con eles. Haberá 4 mesas nas que xuntarse para as partidas e 2 monitores de Metrópolis Cómics presentarán e explicarán os xogos.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible