Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Clubs de lectura: arrinca a nova tempada

Clubs xeralistas

Outro ano máis, as Bibliotecas da Coruña poñemos en marcha os grupos de lectura para as persoas interesadas en ler, debater, compartir opinións e facer amizades.

As prazas asígnanse por orde de inscrición e os grupos comezarán as súas reunións ao longo do mes de outubro.

Consulta a nosa oferta de clubes, revisa a data de inscrición os clubes da túa elección e toma nota na túa axenda.

️Importante: As inscricións abriranse a partir do 15 de setembro, no día da semana no que se celebre cada club:

  • Clubs dos luns → inscrición o 15 de setembro

  • Clubs dos martes → inscrición o 16 de setembro

  • Clubs dos mércores → inscrición o 17 de setembro

  • ... e así sucesivamente.

Cómo funcionan as inscricións?

As inscricións abren a partir do 15 de setembro poden realizarse a través da web, por teléfono ou presencialmente na biblioteca (debido á alta demanda, cada persoa só poderá inscribir a unha persoa). Cada club abre inscricións o mesmo día da semana no que ten lugar. Exemplo: se o club reúnese os mércores, a inscrición abre o mércores 17 de setembro.

Hai grupos con reunións presenciais distintos días da semana e con diversas periodicidades. Elixe o teu!

CLUBS XERALISTAS PRESENCIAIS

Biblioteca Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio Inscripción
Ágora Club Gramela Luns Luns. Quincenal. 19h 15 setembro - 19h
Ágora Club Gramela Venres Venres. Quincenal. 18h 19 setembro - 18h
Ágora Club lectura Ágora do 13 Martes. Quincenal. 19h 16 setembro - 19h
Castrillón Club de Lectura Castrillón (Mércores) Mércores. Semanal. 18h 17 setembro - 18h
Durán Loriga Club de Lectura Durán Loriga I Mércores. Quincenal. 11h 17 setembro - 11h
Durán Loriga Club de Lectura Durán Loriga II Mércores. Quincenal. 11h 17 setembro - 11h
Fórum Club de Lectura Fórum (Luns) Luns. Semanal. 11.30h 15 setembro - 11.30h
Fórum Club de Lectura Fórum(Martes) Martes. Semanal.  11.35h 16 setembro - 11.35h
Fórum Club de Lectura Fórum (Mércores) Mércores. Quincenal. 18.30h 17 setembro - 18.30h
Fórum Club de Lectura Fórum Entrelibros Mércores. Quincenal. 19h 17 setembro - 19h
Mesoiro Club de Lectura Mesoiro Sábado. Quincenal. 11h 20 setembro - 11h
Monte Alto Club de Lectura Monte Alto Martes. Quincenal. 18h 16 setembro - 18h
Os Rosales Club de Lectura Os Rosales Café con libros I Martes. Quincenal. 18.30h 16 setembro - 18.30h
Os Rosales Club de Lectura Os Rosales Café con libros II Martes. Quincenal. 18.30h 16 setembro - 18.30h
Os Rosales Club de Lectura Os Rosales Café con libros III Luns. Mensual. 18.30h 15 setembro - 18.30h
Sagrada Familia Club de Lectura Sagrada Familia I Luns. Quincenal. 10.30h 15 setembro - 10.30h
Sagrada Familia Club de Lectura Sagrada Familia II Luns. Quincenal. 10.30h 15 setembro - 10.30h

E se ningún destes horarios ou días da semana che van ben, dispoñemos tamén dun grupo virtual sin horarios nin días da semana concretos. Ti marcas o teu ritmo da lectura.

CLUB XERALISTA VIRTUAL. SEN HORARIOS E AO TEU RITMO
Ciberclub Inscricións a partir do 17 setembro

Clubs temáticos

Os clubs temáticos son grupos con lecturas que teñen un fío condutor común: pode ser un xénero, un tema ou un idioma específico de lectura. Hai para todos os gustos:

CLUBS TEMÁTICOS
Biblioteca Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio inscrición
Ágora Club de lectura QUEEruña Xoves. Mensual. 19h 18 setembro - 19h
Castrillón Club de lectura de clásicos Xoves. Quincenal. 11h 18 setembro - 11h
Fórum Club de lectura de Cómics Mércores. Mensual. 18.30h 17 setembro - 18.30h
Fórum Club de lectura en galego Lendo Devagar Luns. Quincenal.  19h 15 setembro - 19h
Os Rosales O Pensatorio Café Filosófico I Mércores. Quincenal. 18.30h 17 setembro - 18.30h
Os Rosales O Pensatorio Café Filosófico II Mércores. Quincenal. 18.30h 17 setembro - 18.30h
Os Rosales O Pensatorio Café Filosófico III Xoves. Quincenal. 18.30h 18 setembro - 18.30h

Ademais de temas ou xéneros específicos, existe outra tipoloxía de clubs que teñen a peculiaridade de dirixirse a colectivos específicos: 

CLUBS PARA COLECTIVOS ESPECÍFICOS
Biblioteca Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio inscrición
Fórum Club de lectura fácil: Fiando Historias Xoves. Semanal. 11h 18 setembro - 11h
Os Rosales Club de lectura en voz alta Mércores. Semanal. 11h 17 setembro - 11h

Clubs infantís e xuvenís

Os clubs infantís son grupos con lecturas que teñen un fío condutor común: pode ser un xénero, un tema ou un idioma específico de lectura.

CLUBS INFANTÍS E XUVENÍS
Biblioteca Idades Nome do club Día e periodicidade Horario Inicio inscrición
Durán Loriga 9 a 12 anos Club de lectura infantil Miúdo Xoves. Quincenal. 18.30h 18 setembro - 18.30h
Mesoiro 9 a 11 anos Club de lectura infantil Mesoiro Sábado.Quincenal. 12.30h 20 setembro - 12.30h
Ágora 14 a 18 anos Club de lectura Xuvenil Ágora Xoves. Quincenal. 18h 18 setembro - 18.00h
Durán Loriga 12 a 16 anos Club de lectura Xuvenil O Ensanche Martes. Quincenal 18.30h 16 setembro - 18.30h

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión