
O mércores, 8 de novembro, ás 19h estaremos de estrea: presentamos o vídeo realizado pola Biblioteca de Estudos Locais sobre a doazón da colección Picasso pola familia Padín-Viaño.
Esta colección consta de máis de cen títulos que, unidos aos que xa posuía a biblioteca, contribúen, dunha forma máis completa e rigorosa, ao coñecemento e difusión dos temas locais, neste caso, da man dese "rapaz coruñés nacido en Málaga" do que fala D. Ángel Padín, gran estudoso de Picasso, e máis concretamente, da súa etapa coruñesa.
Participarán no acto membros desta familia, lembrando historias e anécdotas dos traballos que fixo Ángel Padín sobre Picasso e sobre a e formación da súa colección.
A bibioteca agasallará ás persoas asistentes coa reedición do catálogo da colección doada, que se fixo co motivo da súa entrega ao Concello no ano 2010.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible