Concertos e recitais
Persoas adultas
Persoas adultas
20/10/2017
Xa rematou
Dende o 02/10/2017 ata o 20/10/2017
981 184 384
Queres unha entrada para ver en directo a De vacas e a Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre?
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña convídate ao AgoraSón 2017.
Os convites repartiranse, de balde e ata se esgotaren, nas bibliotecas municipais (agás na Biblioteca Infantil, por se tratar dunha actividade dirixida a público adulto) a partir do luns 2 de outubro cos préstamos de libros en galego. Repartiranse un máximo de 2 entradas por carné.
O concerto terá lugar o venres 20 de outubro ás 21.00 h.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible