Talleres
Infantil
De 6 a 12 anos
11/11/2024
Xa rematou
Dende o 07/11/2024 ata o 11/11/2024
Require inscrición
De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Este ano volvemos a sumarnos á celebración do International Games Month, iniciativa promovida pola asociación americana de bibliotecas, con repercusión internacional e que pretende poñer en valor os xogos nas bibliotecas.
O próximo luns 11 de novembro ás 18.00 h. teremos unha sesión de Xogos na Biblioteca Municipal Ágora.
Na actividade, con inscrición previa, os nenos e nenas entre 6 e 12 anos poderán coñecer unha selección de xogos de mesa e xogar con eles. Haberá 4 mesas nas que xuntarse para as partidas e 2 monitores de de Metrópolis Cómics presentarán e explicarán os xogos.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible