Visita o álbum de fotos desta actividade
Xuvenil
Dende o 01/04/2014
Queres saber ...
En que consiste o Club de lectura de cómic?
Destinado a persoas a partir de 15 anos, o Club de lectura de cómic é un grupo que se reúne periodicamente para comentar e valorar un cómic proposto e proporcionado dende as Bibliotecas Municipais da Coruña. Tanto a selección de cómics como as sesións para a posta en común realízanse coa axuda e orientación dun bibliotecario co que compartir experiencias e impresións sobre a lectura.
Máis informaciónEn que consisten os club de lectura?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Máis informaciónEn que consisten os clubs infantís?
Os clubs de lectura infantís son eminentemente lúdicos e reúnen un grupo de nenos e nenas con intereses comúns e afección pola lectura.
Neles realizamos lecturas diversas que inclúen temas, obras e coleccións do teu interese. Ademais promocionámosche obras pouco coñecidas, autores/as e literatura que completarán o teu percorrido lector introducíndote a historias, autores/as e temáticas que che resultarán novas.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible