Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

QUEERuña: grupo 1

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto

Cando:

18/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 18/10/2022

Require inscrición

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

Participa no grupo 1 do club de lectura LGTB QUEERuña, con reunións o terceiro martes de cada mes!

Arrinca a séptima edición do 1º grupo do club de lectura LGTB QUEERuña, que se reunirá os 3º martes de cada mes na Biblioteca Ágora.

Neste club as lecturas xiran en torno ás diversidades sexuais e de xénero e os feminismos. Algúns artigos publicados na prensa dixeron sobre el que é un club cheo de cores e tamén un dos máis orixinais de Galicia.

Os encontros terán lugar os terceiros martes do mes na Biblioteca Ágora e, coma sempre, iremos dando conta dos títulos lidos, das reflexións e das obras similares no blog e no instagram do club.

Inscríbete xa e participa!

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    XXI Premio Marcela e Elisa. A Asociación LGTBI+ ALAS A Coruña concedeu no ano 2025 este galardón ao club QUEERuña polo seu firme compromiso coa difusión da cultura e os dereitos da comunidade LGTBI+.

    ¿En que consiste o club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas e no 2024, ante a forte demanda de participación, ábrese o terceiro grupo. Na actualidade, o club está formado por tres grupos e reúne a 60 persoas mensualmente.

    A dinámica é idéntica nos tres grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    A inscrición implica o compromiso de participar. O número máximo de ausencias permitidas é do 25 %. Unha vez superado este límite, a persoa será dada de baixa para que outra poida ocupar o seu lugar.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión