SomosPro
SomosPro é un programa mensual para nenos e meniñas 9-14 anos de divulgación científica, relacionado co concepto STEAM ((Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics) focalizado na eliminación dous estereotipos de xénero.
SomosPro é un programa mensual para nenos e meniñas 9-14 anos de divulgación científica, relacionado co concepto STEAM ((Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics) focalizado na eliminación dous estereotipos de xénero.
SomosPro
Talleres / Charlas
Público infantil, xuvenil e/ou adulto
O Programa BiblioTECH ofrece obradoiros tecnolóxicos para mentes curiosas e creativas ao redor de disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas, etc).
¿En qué consiste BiblioTECH?
BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Municipal Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para alcanzar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.
O seu formato adoita ser o de obradoiros ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica adecuada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), á robótica ou á programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.
Cómo participar
Algunhas actividades requiren inscrición previa (7 días antes do inicio da propia actividade) e outras son de entrada libre ata completar a capacidade.
Onde e cando
As accións teñen lugar na Biblioteca Municipal Durán Loriga ao longo de todo o ano.
Nos meses de febreiro (Día da muller e as nenas nas ciencias) e abril (Día internacional das nenas nas Tics) prográmanse accións centradas nas mulleres e a súa necesaria visibilización nestas áreas.
Programación BiblioTECH 2023
En familia ou como reto individual, todos os últimos venres de mes prepararase un espazo mentoring e maker na Biblioteca Durán Loriga para desenvolver ideas e proxectos tecnolóxicos cun titor que axudará a darlles forma. Pódense traer equipos personais ou pedir un dos da biblioteca e dispoñer dos materiais desta e os libros do centro de interese Competencia Dixital.
O obxectivo é ir creando un grupo constante de xente para que leven a cabo pequenos proxectos, con orientación e axuda dun mentor/titor, que axudará de forma personalizada a calquera proxecto ou actividade que se queira facer.Outro dos obxectivos é ir creando unha aula aula maker na biblioteca.
BiblioTECH. Obradoiro de Xeolocalización e mapeo Xeocaching
Un sistema de xeolocalización é unha solución da tecnoloxía da información que determina a localización dun obxecto nunha contorna física (xeo-espacial) ou virtual (Internet).
A miúdo, o obxecto é unha persoa que quere utilizar un servizo baseado na localización, mentres mantén a súa privacidade. Unha das utilidades da xeolocalización é o "Xeocaching".O "xeocaching" é unha procura de tesouros ocultos na nosa cidade, na biblioteca, na natureza... Existe un xogo a nivel internacional no que se esconden tesouros por todo o mundo e o teu reto é atopalos. Trátase do "xeocaching", un xogo de pistas e orientación que xa atrae a millóns de persoas. O "Xeocaching", convídanos a saír da casa para atopar "tesouros" e, a cambio, deixarlle outro a unha persoa descoñecida. Grazas a "Xeocaching" poderemos descubrir localizacións que non coñecías na túa cidade, así como en calquera outra parte do mundo, xa que "Xeocaching" funciona fóra de España para que poidas explorar "xunto" a outros usuarios.
BiblioTECH. Obradoiro "Crea o teu mundo en 3D" (campamento semanal de xullo)
Formarase aos asistentes coas pautas para aprender a deseñar en 3D e posteriormente formar no manexo e mantemento dunha impresora 3D. Tratarase de formar e dar a coñecer todo o posible a existencia e utilización de ferramentas libres tanto de software como de hardware.
ProgramaT e iniciaT (programación en JAVA)
INFO: A importancia do programador é esencial para a informática, en tanto organiza o proceso de idear e ordenar as accións necesarias para que un determinado proxecto poida executarse nos ordenadores. A era dixital está marcada polo avance da informática e para iso tratarase de dar os coñecementos básicos de programación estruturada en Java, ensinarase a compilar e crear programas sinxelos. Aprenderase a atopar erros de programación e optimizar o código. Desta forma preténdese poñer o grao do pensamento lóxico da programación e o desenvolvemento en Java e ter así unha base para seguir iniciándose en calqueira outra linguaxe de programación.
Entidades
Tamén che pode interesar
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible