Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Visita o álbum de fotos desta actividade
Programas de colaboración con centros escolares
Require inscrición
De outubro a maio. Consulta o calendario
En que consisten os Libros vivintes?
Libros vivintes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.
O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladamoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.
Son eles quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, que Libro vivinte queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre persoas protagonistas de cada relato e os/as mozos/as que os leron.
Deste xeito, os Libros vivintes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se poderían compartir.
As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.
Obxectivos
Traballar a autoestima e a cohesión social desde a valorización do propio, da propia contorna diaria e da súa xente.
Romper estereotipos, desafiando dalgunha maneira os prexuízos máis comúns dun modo positivo e desenfadado.
Promover a tolerancia e a comprensión dunha forma concreta, sinxela e alcanzable.
Crear unha oportunidade para manter un diálogo entre persoas con visións e realidades diferentes da sociedade e así intercambiar opinións e aprender dos demais.
Cando?
Celébranse dúas edicións, durante o curso escolar: en febreiro e en maio. En cada unha delas trabállanse tres libros vivintes diferentes.
Como participar?
Libros Vivintes desenvolveuse ata o momento en colaboración co IES Agra do Orzán, pero é unha proposta aberta á súa realización con calquera centro de ensino da Coruña e mesmo doutros concellos.
Para valorar a posibilidade da súa realización con novos centros educativos simplemente hai que poñerse en contacto coa Biblioteca Ágora.
Onde?
Outras actividades para centros escolares
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible