Contacontos, Bebeteca
Bebés, Familias
De 0 a 3 anos
26/05/2018
Xa rematou
Dende o 19/05/2018 ata o 26/05/2018
De 18.00 a 19.00 h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 18 43 88
Migallas Teatro trae os seus Contos do chupete!
É o momento de despedir a tempada dos bebecontros da Biblioteca Infantil e Xuvenil, e queremos facelo por todo o alto.
Para iso contamos con Migallas Teatro e os seus Contos do chupete, uns contos cheos de música e humor.
Esta será unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. As e os bebés poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta na que gozar en familia.
Queres saber ...
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstrase aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos,... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escóitanse, miran e manipulan libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible