Outras actividades, Encontros e presentacións, Charlas e debates
Otro tipo de público, Persoas adultas
01/12/2023
Xa rematou
Require inscrición a través da páxina web da Asociación Espiga. De non cubrir o aforo, o día da actividade permitirase a entrada libre ata completar a capacidade.
18:30h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Espiga, Asociación Galega para a Bioconstrución, é unha asociación que trata de satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción. No marco de colaboración da Biblioteca Verde coas entidades e organizacións locais que promoven o respecto polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible, a Biblioteca Ágora acollerá a Asociación para celebrar o seu 10 Aniversario.
Nesta celebración proxectarase o documental "¿Palla Mental? 2ª Parte", realizado en 2014, no que se avalía o comportamento das casas construídas con balas de palla en 2004 (obxecto dun primeiro documental).
A construción con balas de palla converteuse nunha proposta ecolóxica seria. Como material de construción, a palla xera ambientes saudables e é infalible en termos de protección climática. Nestes documentais, os especialistas falan da súa visión sobre a construción moderna con balas de palla.
Ao remate da proxección haberá unha pequena charla coloquio aberta.
Para participar, é preciso inscribirse a través da páxina web da Asociación Espiga. De non cubrir o aforo, o día da actividade permitirase a entrada libre ata completar a capacidade.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible