Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concerto de presentación da mostra bibliográfica Negra e criminal

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral, Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

02/06/2025

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Que banda sonora lles poñerías ás túas lecturas máis sinistras?

O luns 2 de xuño, ás 19.00 horas, na Biblioteca Municipal Durán Loriga , o cantautor Pablo Rubén Fernández poñeralle letra e música á mostra Negra e criminal, unha selección musical que acompañará a selección literaria que este mes inauguramos e que poderás levar en préstamo durante todo o verán.

O luns 2 de xuño, ás 19.00 horas.

Novela negra escrita por mulleres ou con mulleres como protagonistas. Sigue as pistas, capítulo a capítulo, e acompáñanos na busca da maridaxe perfecta entre música e letras.

Podes consultar a guía de lectura no noso escaparate en Calameo.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión