Familias, Para público en xeral
Dende o 21/09/2016 ata o 27/11/2016
Xa rematou
O Festival Mar de Mares celebrará a súa terceira edición entre os días 21 e 25 de setembro cun programa multidisciplinar de actividades que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas ata o 27 de novembro.
Unha mirada máis profunda e un compromiso aínda máis forte co mar de Galicia, así formulamos a terceira edición do Festival Mar de Mares, que contará coa exposición do fotoxornalista Xulio Villarino que por primeira vez amosa o conxunto da súa obra ao redor do noso mar, e coa impresionante viaxe ao fondo das augas de Jorge Candán, que presenta por primeira vez na Coruña o seu documental O Legado das Rías Galegas. Tamén gozaremos da experiencia e boas artes das redeiras galegas, convertidas nun dos máximos expoñentes da artesanía galega, a través da súa exposición Enredadas.
E como sempre, contaremos cunha ampla oferta en gastronomía de mar, con talleres e degustacións, obradoiros científicos, propostas de activismo, música, presentacións actividades de reciclaxe e artesanía para toda a familia, a través das cales buscamos pasar un bo intre e sensibilizar no coidado e preservación dos océanos.
Actividades relacionadas
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible