Outras actividades, Talleres
Infantil, Familias
De 8 a 10 anos
29/03/2025
Xa rematou
Dende o 22/03/2025 ata o 29/03/2025
Require inscrición
De 11.30 a 13.00 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 184 388
Preparándonos para poñer a bailar as buxainas!
O sádado 29 de marzo, ás 11.30h, celebramos na Biblioteca Durán Loriga o segundo obradoiro de buxainas e perinolas!
Na sala de Exposicións Salvador de Madariaga (a que está no propio edificio da biblioteca) contamos dende o día 13 de marzo ata o 4 de maio, cunha exposición dedicada en exclusiva ao mundo das buxainas e das perinolas, e a biblioteca súmase á homenaxe que este xogo interxeracional tanto se merece.
Contamos cunha mostra de libros dedicados a estes xoguetes e ao mundo dos xogos que, pensando na primavera que xa asoma, seguro que darán moitas pistas do que podemos facer para botar unhas risas.
Neste segundo obradoiro, destinado á rapazada de 8-10 anos contarase con xogos creativos nos que deseñar e decorar a súa propia buxaina e a aprender a bailala.
E se algún familiar quere acompañalos tamén poderá.
Para participar, só tedes que inscribirvos. Esperámosvos!
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible