Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: día das cookies

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 5 a 7 anos

Cando:

03/12/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/11/2025 ata o 03/12/2025

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Celebramos o Día das Cookies cos nosos veciños!

Na  Biblioteca Durán Loriga  gústanos celebrar as cousas e se son doces, mellor! Así que non perdemos a oportunidade de celebrar o Día Internacional das Cookies (que se celebra o 4 de novembro) cos nosos veciños de rúa, o obradoiro de galletas BreakTime.

Contaremos con estes dous expertos en confeitos para elaborar na propia biblioteca unhas galletas para a ocasión, acompañadas dun contacontos do clásico Martín y las galletas de coco, de Inger y Lasse Sandberg.

Máis aló de preparar alimentos, a cociña é unha ponte cara as nosas raíces, un espazo onde se crean e mesturan recordos, afectos e novas vivencias compartidas. En Break Time cultívase esa memoria afectiva e na biblioteca queremos propiciar que as familias o poidades facer a través da elaboración conxunta entre peques e maiores no noso espacio, e mellor se é entre letras.

Esperámosvos!

IMPORTANTE: obradoiro non apto para celíacos ou con algunha intolerancia.

Os nenos e nenas precisan estar acompañados dunha persoa adulta.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión