Encontros e presentacións, Concertos e recitais
Para público en xeral, Persoas adultas, Xuvenil
02/06/2025
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
De 19.00 a 20.00 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 388
Que banda sonora lles poñerías ás túas lecturas máis sinistras?
O luns 2 de xuño, ás 19.00 horas, na Biblioteca Municipal Durán Loriga , o cantautor Pablo Rubén Fernández poñeralle letra e música á mostra Negra e criminal, unha selección musical que acompañará a selección literaria que este mes inauguramos e que poderás levar en préstamo durante todo o verán.
O luns 2 de xuño, ás 19.00 horas.
Novela negra escrita por mulleres ou con mulleres como protagonistas. Sigue as pistas, capítulo a capítulo, e acompáñanos na busca da maridaxe perfecta entre música e letras.
Podes consultar a guía de lectura no noso escaparate en Calameo.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible