Contacontos
Infantil, Familias
De 4 a 8 anos
18/06/2022
Xa rematou
Dende o 11/06/2022 ata o 18/06/2022
De 12.00 a 13.00 h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 18 43 88
Contacontos para a inclusión: "Chispita" é un ratiño un pouco desastre, é un ratiño que o tira toooodo!!
Chispita é o protagonista do primeiro conto autoeditado de Marisol Creo Prego. Chispita é un ratiño, como todos, que non para de brincar e correr dun lado para outro e que no seu xogar e corricar tira coas cousas ao pasar, todo o que ten ao seu arredor. É a súa forma de divertirse, pero a mamá de Chispita non atopa o xeito de corrixir o que para ela é unha manía.
Se queres coñecer a historia de Chispita e o que a súa mamá logrou acadar, achégate á Biblioteca Durán Loriga. Esperámoste!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible