Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro BiblioTECH de Realidade Aumentada: aplicacións da tecnoloxía de RA na biblioteca

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

Cando:

Dende o 13/05/2022 ás 18:30 ata o 10/06/2022 ás 20:30 , os venres

Realizarase os venres 13, 20 de maio, 3 e 10 de xuño.

O 27 de maio non haberá taller.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/05/2022 ata o 13/05/2022

Require inscrición.

Horario:

De 18.30 a 20.30h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

De 8 a 12 anos.

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Queres darlle vida aos libros da biblioteca?

Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás formarte na tecnoloxía de realidade aumentada (RA), crearemos e daremos vida aos libros da biblioteca creando unha contorna de RA interactiva que achegue máis información sobre as obras da biblioteca.

realidade aumentada é unha ferramenta tecnolóxica poderosa e moi accesible, pois a tecnoloxía que require está prácticamente dispoñible en mans de case todas as persoas. Existen centos de aplicación gratuítas en temas tan diversos como as matemáticas, bioloxía, astronomía, anatomía, xeometría, etc. e as bibliotecas sumámonos coa recreación interactiva de elementos e contidos, contribuíndo así a amenizar a aprendizaxe!

E ti, súmaste a este obradoiro?!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión