Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Taller biblioTECH. Electrónica e programación para a IoT

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil, Familias

Cando:

Dende o 22/04/2023 ás 11:30 ata o 10/06/2023 ás 13:30 , os sábados

O taller desenvolverase os sábados de abril a xuño; de 11.30 a 13.30h.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/04/2023 ata o 22/04/2023

Require inscrición.

Horario:

Das 11.30 ás 13.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir de 8 anos

Hashtag:

#biblioTECH, programación, electrónica, infantil, rapazada, familias, bduranloriga, adultos

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Calquera cousa que se poida imaxinar podería ser conectada a internet. Quérelo comprobar?

Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, achegarémonos á programación e electrónica para afondar nas posibilidades que ten a Internet das Cousas (IoT ou Internet of Things, en inglés).

Taller dirixido á iniciación na programación e electrónica. Poderás coñecer distintas linguaxes de programación (como Arduino, e C), crear circuitos e aprender a programar sensores.

Un taller para deseñar a estrutura dun circuito prototipado, aprender a crear e probar diferentes proxectos.

En familia ou como reto individual, anímaste a mergullarte no mundo que se está a construir xa?

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión