Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Actividades socioculturais nos centros cívicos municipais: xaneiro-maio 2026
Publicada a nova convocatoria de obradoiros e actividades socioculturais que se realizarán de xaneiro a maio de 2026 nos centros cívicos municipais, con oferta específica para público infantil, xuvenil, interxeracional e para persoas maiores.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 15/12/2025 ata o 17/12/2025
Prezo:
11 €/actividade, agás as actividades de apoio escolar, cultura xeral e alfabetización que terán carácter gratuíto, xunto cos clubs (impartidos por persoas voluntarias)
Requisitos:
Cumprir a idade requerida para cada actividade. Sempre que non se especifique outro tramo de idade, a clasificación será:
- Infancia: de 4 a 12 anos
- Mocidade: de 13 a 17 anos
- Interxeracional: a partir de 18 anos
- Maiores: a partir de 65 anos
Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.
para as actividades:preferentemente en liñano formulario de preinscrición dispoñible en www.coruna.gal/servizossociais. Só as persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizar a preinscrición por teléfono no 857 890 628 (en horario de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.)
para os clubs: presencialmente nas conserxerías de cada centro cívico que os oferte (en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.)
Publicación das listas de preinscricións nas actividades e clubs: 26 de decembro, nos centros cívicos, no teléfono de información cidadá 010 e en www.coruna.gal/servizossociais.
Reclamacións das listas de preinscricións: 29 de decembro a través do teléfono de información cidadá 010 ou no teléfono 857 890 628 de 11.00 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h.
Sorteo público: 30 de decembro
Publicación das listas de admisión e de agarda: 13 de xaneiro, nos centros cívicos, no teléfono de información cidadá 010 e en www.coruna.gal/servizossociais. Anularanse as actividades que non teñan un mínimo de solicitudes formalizadas.
Inscrición: do 14 ao 18 de xaneiro
para actividades de pago: inscrición e pago da taxa correspondente preferentemente en liña a través da pasarela de pago dispoñible en www.coruna.gal/servizossociais. Se o pago se realiza presencialmente, imprimir a carta de pago e presentala na entidade bancaria ou realizar o pago a través de caixeiro.
para actividades gratuitas: inscrición e confirmación da praza no centro cívico correspondente (presencialmente ou por teléfono)
Xestión da lista de espera: a partir do 21 de xaneiro
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible