Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH. Crea o teu mundo en 3D

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

Cando:

Dende o 03/07/2023 ata o 07/07/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/06/2023 ata o 07/07/2023

Require inscrición.

Horario:

Das 11.00 ás 13.00 h 

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir dos 8 anos

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Teléf.: 981 184 388

Se queres aprender a deseñar en 3D e formarte no manexo e mantemento dunha impresora tes a oportunidade na Biblioteca Durán Loriga. Esperámoste!!! A partir de 8 anos e en familia.

A impresión 3D permite a fabricación de produtos personalizados que se axustan ás necesidades de cada persoa usuaria. A personalización en masa é unha das tendencias no desenvolvemento de produtos.

Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga formaranse as persoas asistentes coas pautas para aprender a deseñar en 3D e posteriormente formar no manexo e mantemento dunha impresora 3D. Tratarase de formar e dar a coñecer todo o posible a existencia e utilización de ferramentas libres tanto de software como de hardware.

Esperámoste!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión