Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Contacontos: Son Mariña! A historia dunha nena celíaca

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

Cando:

26/09/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/09/2023 ata o 26/09/2023

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Teléf.: 981 184 388

As Bibliotecas Municipais da Coruña en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, organiza un ciclo de contacontos para nenos e nenas.

O próximo martes 26 de setembro ás 18.00 horas temos un contacontos organizado en colaboración con ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, dirixido a nenos e nenas de 3 a 7 anos, na Biblioteca Municipal Durán Loriga.

"Son Mariña!" é a historia dunha nena que diagnostican de celiaquía. A través da pequena Mariña, os/as máis pequenos/as poden comprender tanto os sentimentos da nena como as cousas que debemos ter en conta cando temos un amiguiño con celiaquía. Un conto que fomenta a inclusión na sociedade de todos os nenos e nenas con necesidades diferentes, ademais do respecto e a igualdade a través de diferentes personaxes, cancións e xogos.

A través de personaxes interpretados, a cativada poderá coñecer a historia de Mariña e as súas amizades. Unha historia que se conta a través de dous narradores, Pandoso, un osiño moi despistado, e o Doutor Neutronio, un científico, os que a través de xogos, cancións e bailes conseguen que os nenos e as nenas se divirtan e á vez aprendan acerca da enfermidade celíaca, a dieta sen glute, e a importancia dunha alimentación saudable, ademais de adquirir valores como a inclusión, respecto e igualdade.

ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo fundamental é axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade celíaca e a dermatite herpetiforme.

Ofrecen servizos, tanto aos socios coma á sociedade en xeral, sendo algúns deles a información e asesoramento ao celíaco recentemente diagnosticado, orientando acerca de como levar correctamente unha dieta sen glute, publicacións especializadas, ou actividades de difusión, información e concienciación á poboación xeral, entre outros.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión