Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades socioculturais nos centros cívicos municipais: setembro 2026

Publicada a nova convocatoria de obradoiros e actividades socioculturais que se realizarán de setembro a decembro de 2026 nos centros cívicos municipais, con oferta específica para público infantil, xuvenil, interxeracional e para persoas maiores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026

Prezo:

  • 7€ | 11€ dependendo do número de horas.
  • Apoio escolar, cultura xeral e alfabetización, terán carácter gratuíto.

Requisitos:

  • Cumprir a idade requerida para cada actividade. Sempre que non se especifique outro tramo de idade, a clasificación será:
    • - Infancia: de 4 a 12 anos
    • - Mocidade: de 13 a 17 anos
    • - Interxeracional: a partir de 18 anos
    • - Maiores: a partir de 65 anos
  • Cada persoa poderá solicitar un máximo de 3 actividades por centro cívico e por orde de preferencia.
  • Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

Páxina web:

www.coruna.gal/servizossociais

Contacto:

Rede de Centros Cívicos Municipais

Teléfono de Información Cidadá: 010

ACTIVIDADES DA CONVOCATORIA XERAL:

  • Preinscrición: os días 1, 2 e 3 de setembro
    • para as actividades: preferentemente en liña no formulario de preinscrición dispoñible en www.coruna.gal/servizossociais. Só as persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizar a preinscrición por teléfono no 857 890 628 (en horario de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.)
  • Publicación das listas de preinscricións nas actividades: 7 de setembro, nos centros cívicos, no teléfono de información cidadá 010 e en www.coruna.gal/servizossociais.
  • Reclamacións das listas de preinscricións: 8 de setembro a través do teléfono 857 890 628 de 11.00 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h. 
  • Sorteo público: 10 de setembro.
  • Publicación das listas de admisión e de agarda: 21 de setembro, nos centros cívicos, no teléfono de información cidadá 010 e en www.coruna.gal/servizossociais
  • Inscrición: do 22 ao 24 de setembro
    • para actividades de pago: inscrición e pago da taxa correspondente preferentemente en liña a través da pasarela de pago dispoñible en www.coruna.gal/servizossociais. Se o pago se realiza presencialmente, imprimir a carta de pago e presentala na entidade bancaria ou realizar o pago a través de caixeiro.
    • para actividades gratuítas: inscrición e confirmación da praza no centro cívico correspondente (presencialmente ou por teléfono).
  • Data de inicio e fin de actividades: a partir do 28 de setembro, até o 12 de decembro de 2026.

OFERTA DE ACTIVIDADES:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión